Friday 10 de May de 2024

O Concello de Brión convoca un curso de Excel de 40 horas formativas


O Concello de Brión convoca un curso de formación en Excel de 40 horas formativas, que terá lugar na Aula CeMIT de Brión, emprazada na Carballeira de Santa Minia. O curso terá lugar os martes e xoves, en horario de 10:30 a 12:30 horas, no momento no que se cubran as 8 prazas mínimas para a súa realización. As inscricións poden facerse na Casa da Cultura, no mail empregobrion@gmail.com ou no teléfono 981 509 908.